Nada máis afastarse daqueles beizos, mergullárase nunha espiral de sensacións, que non podería explicar se tivese que facelo. Elevárase dando voltas sobre si mesmo e sentírase cheo de vida. Aprendera de contado a facer reviravoltas a sua antoxanza, cunha forza que o enchía, sacando proveito das foleadas dun vento que soplaba máis e máis forte canto máis alto subía.
E mentres se deixaba envolver pola nada e polo todo, fora tomando conciencia de quén era e de porqué estaba alí. Nun so intre, soubo que non era un bico calquera. De súpeto, era sabedor das xenerosas intencións de quen o botara o vento, e xa sabía tamén con canto amor foran arrimadas as mans nas que nacera os beizos nos que fora creado.
Era unha mañan tan clariña , que os raios do sol eran ceibes para chegar ate onde quixeran, xa que non atopaban nada que os detubera. E decidira viaxar nun deses raios, e aproveitar a sua vida. Na sua esencia estaba marcado o seu destino, mais non tiña marcado o tempo no que debía chegar a él.
Sabía que non todos tiveran, nin terían, a sua sorte. Alguns naceran e morreran cáseque o mesmo tempo. Eran bicos os que os mesmos beizos depositaran no seu destino. Destinos moi diferentes. Unhas veces foran pousados con paixón noutros beizos e outras veces foran apertados contra as meixelas tenras dun neno. Ou arrimados con agarimo a fronte fervendo dun fillo. Outros, morreran o calor dos abrazos dalguns namorados, outros, nas curtidas mans dun avó.
Pero él era un bico no vento, e polo tanto non o ataba nada mais ca unha obriga interior de facer o que sabía que debía facer. Pero non tiña presa. Podía ir todo o de vagar que quixera.
Adicárase dende entón a percorre-lo seu camiño pola senda mais longa. Montárase nun raio do sol e deixárase levar polo vento, escomenzando dese xeito a mais fermosa viaxe que podia facer un bico.
A sua primeira parada fora pra enredarse na roupa bencheirenta que atopara prendida dunha corda dourada, corda que se abrazaba con forza o tronco dunhas árbores, tan cheas de cereixas, que as polas caseque acariñaban o chan. ¡Que ben o pasara xogando consigo mesmo as escondidiñas, por entre os buracos dos encaixes dunhas sabas, que de puro branco, cegaban!. Pechara os ollos e deixárase envolver nunha loucura de fragancias e caricias, que quixera que ouberan sido para sempre. ¡Que fácil lle oubera resultado deixarse tolear!. Mais con unha gran forza de vontade conseguira desfacerse do abrazo daquela roupa, pois sabía que coma esa experiencia tiña que haber milleiros.
E non se trabucara. Seguira coa sua aventura. Unhas veces co vento a favor e outras con él en contra, mais calquera das duas situacions era abraiante.
Sobrevoara rios longos coma mundos, nos que se vira reflexado e aquela imaxe deixarao sinxelamente abraiado, pois antes de terse mirado, non se imaxinara daquel xeito, tan inmenso e tan pouca cousa a un mesmo tempo. Despois daquela visión que tanto o sobrecollera, elevárase ainda mais para ver dende aló enrriba prados enteiros cheos de árbores que se deixaban acariñar pola brisa ou doblegar polo forte vento. Vento, vento, vento….que o atormentaba cando soplaba coma un furacán e que o adormentaba cando amainaba.
E nesas estaba cando chegara a sua primeira noite. Tan adormiñado estaba no berce da brisa, que non se dera conta de que os raios de sol que o levaran o longo daquel día, foranse agochando, de un en un, nalgun lugar onde ningen os mirara, e así deixar o ceu as escuras pra que nada entorpecese a sempre máxica aparición da dona do firmamento. E así a descubriu, fermosa, brillante e digna. Namorárase perdidamente da lúa nada mais mirala aparecer. E pasara toda a noite mirando para ela, sin que o sono se atrevera siquera a aparecer, tendo medo de estragar a maxia que xurdira daquel encontro.
E coñecera o sufrimento o mirala desdebuxarse pouco a pouco, cando os raios de sol voltaron a por él. Pero por moi prendado que quedara dela, debera seguir co seu camiño, mais deixaba colgado daquel ceu nocturno un anaquiño do seu corazón, un anaquiño que xa non lle pertencía, e que dende esa noite, brillaría na compaña de outros centos de miles de anaquiños de corazóns que tantos namorados deixaran antes ca él.
Voltara de novo a voar na compaña dos raios de sol, que esta vez o levaran cara o mar, e de novo se asombrara co espectáculo.
Nada mais chegar, puxerase a xogar coas areas que rolaban pola praia, e que non tiñan outra ocupación, ca aquela de rolar e rolar, empuxadas polo vento. Cando estivo canso de xogar, subírase no lombo dunha gran gueivota, e, agochado entre as suas plumas, sobrevoaran aquel mar que parecía de prata. Aquel animal planeaba a un suspiro da superficie, e mesmo parecía que quixese acariñar as olas, pero non se atrevía. Un voo rasante durante o cal, todo él, se impregnara daquel bendito cheiro a sal que xa por sempre lle faría compaña.
Tra-la travesía marítima decidira poñer de novo rumbo o interior. Dun brinco abandoara aquel asento de privilexio, dende onde contemplara aquel inmenso espello, prateado as veces, pero sempre profundo e misterioso.
E voltou a escuridade, e volveu namorarse. E de novo a noite en vela. E unha vez mais o sufrimento do amanecer…
Adicado a María Mariño, homenaxeada nas Letras galegas 2007.
Gracias Taosen, pola tua axuda
Y DESDE QUE ABRÍ EL BLOG...
Gracias por el fuego, de Mario Benedetti
La borra del café, de Mario Benedetti
El guardian entre el centeno, de J D Salinger
La tregua, de Mario Benedetti
Presentimientos, de Clara Sánchez
Días como todos, de Jorge Arbenz
Nada, de Carmen Laforet
El mundo, de Juan José Millás
Mala gente que camina, de Benjamín Prado
Relatos metroplitanos, de Mariano Vega
Relato de un náufrago, de Gabriel García Márquez
Diario, de Ana Frank
La ladrona de libros, de Markus Zusak
La Higuera, de François Maspero
Blogs de papel, de varios autores
El hombre duplicado, de José Saramago
Una comedia ligera, de Eduardo Mendoza
Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza
Primavera con una esquina rota, de Mario Benedetti
El callejón de los milagros, de Naguib Mahfuz
El curioso incidente del perro a medianoche, de Mark Haddon
El retrato de Dorian Gray, de Oscar Wilde
Cuentos de sabiduría, de Miguel Adrover Caldentey
La mujer justa, de Sándor Márai
Tres contos á beira do medo, de Xesús Cameselle Ben
Relatos a cuatro manos, de Carlos Arias y Mariano Vega
Don Juan, de Gonzalo Torrente Balletser
Tokio Blues, de Haruki Murakami
Juegos de la edad tardía, de Luis Landero
A era de Lázaro, de Paula Carballeira
Tierra firme, de Matilde Asensi
La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca
La tinta azul de la memoria, de Mariano Vega "El zurdo"
Crónica del pájaro que da cuerda al mundo, de Haruki Murakami
De nuevo, el amor, de Doris Lessing
El niño con el pijama de rayas, de John Boyne
Levantado del suelo, de José Saramago
El alquimista, de Paulo Coelho
La colmena, de Camilo José Cela
Doña Perfecta, de Benito Pérez Galdós
Niebla, de Miguel de Unamuno
Los pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán
La dama del Nilo, de Pauline Gedge
Vivir para contarla, de Gabriel García Márquez
Cartas para Claudia, de Jorge Bucay
Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas
Diez negritos de Agatha Christie
Tuareg de Alberto Vázquez Figueroa



¿Es tuyo? he entendido que si, me has dejado anonadado. ¿No publicas? madre de mi vida, es impresionante… una gran felicitación Vitruvia, es un don ….
Y aprovecho para decir en este fabuloso día das letras galegas, que los sentimientos escritos en galego llegan mucho más adentro, es increíble…
bicos y enhorabuena y me uno a la dedicatoria hacia Mariño…
Wilde, como ya he dicho alguna vez, en el momento que ve la luz ya deja de ser mío. Aunque a éste como le falta el final, se puede decir que aun es un poquito mío, jajajajajaj.
Gracias, tú tambien tienes un don, si cabe más importante, que es animar a la gente. No todo el mundo sabe.
Totalmente de acuerdo con Wilde. Viendo su blog me he enterado de que hoy es el día de las letras en Galicia.
Besos gordos.
Madre mia me ha encantado, escribes genial! un besito